O Domingo actuaron os grupos de Carcaxía na festa da Fátima de Seaia, algúns nervios, uns cantos debuts, traxes novos e algunha pequena equivocación marcaron o acto, pero sobre todo pasaron ben.
Agradecer a todos os asistentes a presencia e tamén os aplausos.
O antes posible poñeremos fotos, pero se ti asistiches e queres ver a foto publicada mándanola a carcaxia@gmail.com
Publicado en Uncategorized | Etiquetado festa da fátia | Deixa un comentario »
18 Febreiro 2008 by carcaxia
As fotos están en:
http://www.flickr.com/photos/blasgarcia/
podedes ver unha crónica en
http://blasgarcia.wordpress.com/2008/02/16/o-homelage/
Publicado en Actuacións | Etiquetado actuación, José Manuel Lage | Deixa un comentario »
17 Febreiro 2008 by carcaxia
Xa tedes unha parte das fotos de reis do 2008
Publicado en Uncategorized | Deixa un comentario »
23 Xaneiro 2008 by carcaxia
O sábado 2 de Febreiro a partir das 17:00 h. na casa da cultura de Seaia, haberá doces típicos do antroido e festa para tódolos nenos.

Publicado en Antroido, Festas | 1 Comentario »
27 Decembro 2007 by carcaxia

O pasado sábado Papa Noel visitou a Casa da Cultura de Seaia, onde os nenos e nenas alí presentes recibiron un primeiro regalo de Papa Noel, a festa durou das 5 as 7 da tarde porque Papa Noel tiña que ir marchando, xa que ainda que entregou uns cantos regalos ainda lle quedaba moito traballo. Os nenos xogaron con Papa Noel, aínda que algún pequeno ainda lle ten medo a Papa Noel.
Podedes ver as fotos na barra lateral ou pinchando aquí
Publicado en Uncategorized | Etiquetado Nadal 2007-08, Papa Noel | Deixa un comentario »
22 Decembro 2007 by carcaxia
Ó coincidir as últimas dúas cifras coas do terceiro premio.
Por cada décimo son 100 euros e por cada participación de 2,5 euros son 12,5
Para cobrar os décimos podedes facelo en calquer administración de lotería, para as participacións na casa da Cultura de Seaia, ou a persoa que vos vendeu a participación vos dará os cartos.
Publicado en Uncategorized | Etiquetado loteria de nadal | Deixa un comentario »
14 Decembro 2007 by carcaxia


Xa está en marcha a programación de Nadal de tódalas asociacións do concello. Na casa da Cultura de Seaia podedes atopar o cartel e os trípticos informativos.
A Asociación Carcaxía organizará os seguintes, na Casa da Cultura de Seaia:
Luns 24 de Decembro 17:00 h. Papa Noel entregará un regalo a tódolos rapaces
Xoves 27 de Decembro as 17:00 h. Cine de Nadal
Sábado 29 de Decembro as 17:00 h. Contacontos “Oswaldo”
Mércores 2 de Xaneiro as 18:00 h. Cine de Nadal
Domingo 6 de Xaneiro Cabalgata de Reis:
A Asociación Carcaxía de Seaia e a Asociación o Brizo organizan as seguintes cabalgatas.
Santirso á saida da misa
Barizo as 12:00 h.
Mens á saida da misa
Beo as 13:30 h.
En Seaia na casa da cultura as 17:00 h. os reis lle darán unha última sorpresa os rapaces.
Publicado en Festas | Etiquetado Nadal | Deixa un comentario »
28 Novembro 2007 by carcaxia

Xa tedes as fotos da nosa actuación en Carballo o pasado Venres 23 de Novembro
Publicado en Actuacións | Etiquetado Encontro Galicia-Uruguay | Deixa un comentario »