Xa está en marcha a programación de Nadal de tódalas asociacións do concello. Na casa da Cultura de Seaia podedes atopar o cartel e os trípticos informativos.
A Asociación Carcaxía organizará os seguintes, na Casa da Cultura de Seaia:
Luns 24 de Decembro 17:00 h. Papa Noel entregará un regalo a tódolos rapaces
Xoves 27 de Decembro as 17:00 h. Cine de Nadal
Sábado 29 de Decembro as 17:00 h. Contacontos “Oswaldo”
Mércores 2 de Xaneiro as 18:00 h. Cine de Nadal
Domingo 6 de Xaneiro Cabalgata de Reis:
A Asociación Carcaxía de Seaia e a Asociación o Brizo organizan as seguintes cabalgatas.
Santirso á saida da misa
Barizo as 12:00 h.
Mens á saida da misa
Beo as 13:30 h.
En Seaia na casa da cultura as 17:00 h. os reis lle darán unha última sorpresa os rapaces.



