Feeds:
Artigos
Comentarios

Fotos Papá Noel 2011

PAPA NOEL 2011

https://picasaweb.google.com/s/c/bin/slideshow.swf

Papa Noel 2011

Recordamos a tódolos nenos que Papa Noel visitará a casa da cultura de Seaia o próximo sábado 24 de Decembro ás 5 da tarde
Este ano Papa Noel contará con novos axudantes, co que poderemos ter máis diversión.
Podedes ver neste enlace as fotos de Papa Noel 2007, e ver como imos todos medrando

DSC00824

Vran con Carcaxía

A  partir do mércores 20 de Xullo, clases de informática na casa da cultura de Seaia.

En Agosto iremos ó acuapark de Cerceda

En breve ampliaremos información

Actividades curso 2009-2010

Cartel Actividades 2009 2010

FESTA DE FIN DE CURSO

ESTÁ CHEGANDO O VERÁN E AS NOSAS ACTIVIDADES ESTÁN REMATANDO, POR ISO, O DÍA 28 DE XUÑO CELEBRAMOS A NOSA FESTA DE FIN DE CURSO. PARA MOSTRARVOS A TODOS OS QUE NOS QUEIRADES VIR VER, O QUE APRENDEMOS DURANTE TODO ESTE CURSO. A FESTA SERÁ NO CENTRO CÍVICO DE MALPICA O DÍA 28 DE XUÑO, A PARTIR DAS SEIS DA TARDE

O ANTROIDO

O Sábado 21 de Febreiro celebramos na Casa da Cultura de Seaia o antroido. Faremos unha festa onde haberá un animador, doces do antroido e moito humor para pasalo ben.

Aproveito para contarvos que o próximo día 7 de Marzo faremos unha cea baile co motivo do noso 5º aniversario, será no restaurante o Dourado, aquí, en Seaia, esperemos que nos acompañe moita xente para ter unha velada moi agradable

PROGRAMACIÓN DE NADAL:

O 24 de Decembro a partires das 17:00h Papá Noel agasallará aos nenos que se acheguen á casa da Cultura, os días 30 de Decembro e 3 de Xaneiro a partires das 17:00h proxectaremos unhas películas para os máis pequenos e o día 6 de Xaneiro faremos unha Cabalgata de Reis que percorrerá todo Seaia e os seus arredores.

O MAGOSTO

O vindeiro Sábado 15 de Novembro faremos o magosto para todos aqueles que queirades disfrutar con nós deste día. Teremos as castañas, doces e bebidas para todos. Amenizaremos a tarde co dúo De Café

Comezo curso 2008-2009

Mañá día 2 empezan as actvidades que propón Carcaxía. Os Xoves teremos inglés de 17:30 a 19:45, os Luns teremos as actividades de baile e pandeireta dende as 17:30 ata as 23:00 e os Martes volveremos a ter inglés de 17:35 a 19:45 e manualidades de 19:00 a 21 horas. Os sábados de 3 a 4 da tarde podedes disfrutar coa actividade de gaita

Artigos anteriores »

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.